Total visitas á páxina

sábado, 12 de octubre de 2013

Outubro de 2013

.

Territorio aporta 7,1 millones al impulso urbanístico de Terras

Uno de cada cinco municipios cuentan ya con su normativa adaptada a la última Lei do Solo

O.D. BARCALA. SANTIAGO
A- A+

La Consellería de Territorio ha invertido 7.155.498 euros en el desarrollo urbanístico de los 52 municipios de Terras. Y, al hilo, uno de cada cinco planes generales de la comarca (13 en esos 52 concellos) ya se han adaptado a la última Lei do Solo, de 30 de junio de 2006 (modificada en 2011).
Se trata de Arzúa, Dodro, Oroso, Teo, Touro, Vedra, A Estrada, Camariñas, Lousame, Muros, Outes, A Pobra do Caramiñal y Zas. Por su parte, todavía carecen de planeamiento Frades, Tordoia y Dumbría.
Con respecto al estado de actualización de los PXOM, hay bastantes diferencias: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Cerceda, Melide, Negreira, Ordes, Padrón, O Pino, Rois, Santa Comba, Trazo, Val do Dubra, Pontecesures, Silleda, Boiro, Cabana de Bergantiños, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Noia, Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira y Vimianzo tienen en vigor sus respectivos planeamientos sin estar adaptados a la ley, mientras que Carballo aguanta con la normativa aprobada en 1978 (el PXOM, aprobado en 2003, fue anulado por los tribunales en 2011).

Jóvenes europeos exponen en

A Baña su visión de cuál debe

ser el político ideal

EMILIO FORJÁN

Treinta y dos jóvenes de entre 18 y 30 años, procedentes de ocho países de la Unión Europea, intervinieron ayer en una de las sesiones de trabajo del seminario transnacional Estructuras para el diálogo de jóvenes, el cual se celebra en Compostela hasta el martes, dentro del proyecto Juventud en acción. Los jóvenes proceden de Malta, Chipre, Hungría, Italia, Rumanía, Portugal, España y República Checa, y durante seis días analizan de una forma «constructiva», la participación juvenil y su acercamiento a las instituciones democráticas, además de facilitar el debate entre jóvenes y responsables de la toma de decisiones políticas, siempre a través de un diálogo estructurado.
En la sesión celebrada en la Casa da Cultura de A Baña tomaron parte los alcaldes de Negreira, Santa Comba, Val do Dubra y A Baña, a quienes los jóvenes presentaron su visión de cuál debe ser el político «ideal» para describir las líneas de futuro de la Unión Europea. Las actividades se complementan con visitas a instituciones como el Parlamento de Galicia, o la Deputación de A Coruña. Ayer fueron al cabo de Fisterra, y en la semana entrante llegará a Galicia una nueva expedición con dirigentes políticos y responsables de juventud de países europeos, entre cuyas visitas figura una escala en el municipio de Santa Comba, que al igual que Val do Dubra y A Baña, participa en los intercambios enviando jóvenes a Bulgaria, Italia o Rumanía


Val do Dubra aprueba una ordenanza para regular el uso de la red de caminos públicos
El Concello de Val do Dubra aprobó en la sesión plenaria celebrada ayer una ordenanza reguladora para el uso de caminos públicos, una normativa que tiene como objetivo garantizar su conservación y preservar su carácter público. El alcalde dubrés, Ramón Camilo Varela Mariño, reiteró la importancia de este documento «dadas as actuacións que se están levando a cabo nos camiños nos últimos tempos».
Una vez refrendada mediante acuerdo plenario, la ordenanza debe superar un período de exposición pública durante un período mínimo de un mes para posibles alegaciones.
En el apartado de las normativas dubresas, el pleno aprobó una segunda ordenanza, en este caso para fijar una tasa por aprovechamiento especial de dominio público.
Además de ambos asuntos, el pleno eligió los festivos locales del año que viene. A diferencia de las fechas elegidas por la mayor parte de los municipios del área metropolitanas, que optan por el día de la Ascensión (29 de mayo) y el de San Xoán (24 de junio), Val do Dubra apuesta por las celebraciones propias al elegir como festivos locales el 1 de agosto, día de la Festa do Emigrante, y el 7 de abril día grande de su tradicional feria.
Informes contables
El debate, celebrado a las 9 horas, también incorporó la evaluación económica del plan de ajuste de los dos primeros meses del año, un requisito indispensable, explican fuentes municipales, para ajustarse a la ley de estabilidad presupuestaria y financiera que plantea como reto que todos los concellos alcancen el déficit cero en el año 2020.

{TRASQUILATOR}


MARCOS MANTEIGA

Programas europeos coa dura crise

HAI COUSAS QUE NON AS VEXO, e como non as vexo, escribo delas para comprobar si son eu o que pensa dun xeito estrano, ou os  que son estranos son os xeitos das nosas administracións. Exemplo: A Baña vai acoller mañá parte dun proxecto da Unión Europea –cofinanciado polo Programa Xuventude en Acción–, titulado Estruturas para o diálogo entre os mozos, e que trouxo ata Santiago a 44 rapaces de oito países, que compartirán foro na Barcala  cos alcaldes de catro dos principais concellos de Terras. Marabilloso, por suposto, estreitar vínculos entre os políticos do Xallas, Dubra ou A Barcala e a rapazada de Paszto, en Hungría, por poñer un exemplo. O malo: que non están os tempos para compartir experiencias de cara a que estes protoadultos teñan un mellor, e agarimoso, achegamento á política, nun país, como é o noso, onde a xente pasa fame. E non hai dereito.
Xa para adiantarme ós que vexan calquer recanto de demagoxia, dicirlles que probábelmente sexa este un programa cuns fondos específicos, pero é que coa que está a caer sería imprescindible correxir e adiar a súa dotación (e non mañá, mellor hoxe). Na UE houbo antes iniciativas cando menos curiosas, por exemplo, para protexer o sapoconcho europeo, e con toda a miña conciencia ecoloxista –que, créanme, guía os meus pasos– non entendo como a ninguén se lle ocurriu protexer primeiro ao homo sapiéns deste continente... de xeito que poidamos seguir a velar polos sapoconchos. Cousas dos orzamentos, supoño, pero é que si non hai unha normativa que permita derivar as dotacións económicas de partidas como estas, que nos enriquecen –ninguén o dubida–, para outras que nos alimentan, imos mal, abofé. Chámolle priorizar.
E o problema, penso eu, é que temos algún xeito de remorso para mandar a tomar por onde se empezan os cestos este tipo de iniciativas que, repito, son moi útiles e dinamizadoras, pero para desenrolar en épocas distintas.
Dito o dito, algo si que semella que está a mudar nos nosos políticos, sobre todo no ámbito local, cando parece que están a superar partidismos para defender o que é xusto e sensato nos tempos que corren. E cada un o fai como pode: en Santa Comba cedendo un local para Cáritas no seu recinto ferial; en Ames, rectificando e retirando os carteis –sí, en plural– que limitaban a entrega de bens para o roupeiro municipal, ou en Negreira, facendo que o locutor da radio saia en antena máis de duas horas ó día. Falla ver se son capaces de que conte as novas ós seus ointes e que non llas venda antes a medios privados.

Cren “insuficientes” os traballos na estrada de Carballo a Santiago

Os nacionalistas de Dubra piden medidas urxentes para mellorar a visibilidade no vial

M. TOLEDO
Os nacionalistas de Val do Dubra tildan de "insuficientes" as obras realizadas pola Deputación provincial na estrada de Carballo a Santiago, cualificándoas de "remendos cutres e chapuceiros".
Neste sentido, van presentar unha iniciativa no pleno do vindeiro xoves demandando un maior investimento para este vial e que pase a formar parte da rede de estradas autonómicas. Segundo o portavoz, Antonio Negreira, "non existe en Galicia outro caso onde dúas localidades con tanta poboación como Carballo e Santiagoestean comunicadas por unha estrada de tan escasa capacidade", engadindo que a Deputación non ten recursos para realizar as melloras que precisa.
SUSO MÉNDEZ

A achega de Pumar Gándara á historia de Bergantiños








Pumar e Méndez, o venres en Corme. CASAL
Desde hai un mes, Bergantiños, a nosa terra, conta cun novo traballo en prol da nosa historia. Unha parte desa historia que descoñeciamos ata o momento e que se escapaba ao traballo doutros autores, tanto en guías turísticas como en libros sobre a comarca.
Tería que ser un dubrés de nacemento, pero bergantiñán de adopción, quen, desde ese outeiro como é o Val do Dubra, entre Carballo e Santiago, nos viñese enriquecer coa súa firme pluma este coñecemento tan de noso.
Porque a pluma de don Xosé Pumar Gándara é firme cando escribe e os seus moitos traballos están debidamente asentados encol de rexos alicerces. Din os máis achegados ó autor que o que el di «vai á misa». Non polo feito de ser cura, senón pola rigorosidade en todo o que escribe.
Hai un vello refrán que di: «Os libros fanse de libros», pero Pumar Gándara ofrécenos neste traballo toda unha colleita propia, de seu e do seu moito e meritorio estudo no que abrangue á terra bergantiñá.
Viaxe polo corazón de Bergantiños non é para min un libro máis, senón unha enciclopedia á cal teremos que botar man todos aqueles que gozamos coñecendo a nosa comarca; as nosas vilas; as nosas aldeas e a nosa idiosincrasia. Asimesmo, poden sentirse ledos todos os estudantes bergantiñáns, pois, de agora en diante, xa teñen máis onde esculcar para enriquecer os seus traballos escolares.
Escribir parece fácil e doado pero que tan difícil é! Deus pareceu dotar a este autor desa boa virtude, pois, lendo a súa obra sentimos abraio ao ver como vai mesturando prosa con poesía do xeito máis sinxelo.
Escribe no libro tamén Pumar Gándara que o seu traballo «non é ecléctico», ou sexa, que non bebe doutros autores, senón da súa propia colleita. E efectivamente, o lector decatarase desde o principio que esta lectura é unha nova achega a canto temos lido sobre Bergantiños.
A este respecto, nas páxinas adicadas a Corme, debo manifestar o meu asombro cando descubro que a nosa illa da Estrela se chamaba Illa Sepeira. Ou sexa, o seu antigo e verdadeiro nome ata que foi cristianizada.
Naturalmente que todos quixeramos vernos reflectidos con máis páxinas no libro, pero debemos ter en conta que, non cabe nel todo Bergantiños polo feito de estar ateigado de 285 fotografías entre as antigas e as actuais. Por este motivo, o libro soamente abrangue unha parte da nosa comarca. Sintámonos ledos, entón, polo feito de quedarmos reflectidos en Viaxe polo corazón de Bergantiños.
Quero darlle as grazas, don Xosé, por lembrarse de das dúas parroquias cormeláns e subliñar os nosos cormeláns ilustres. En nome meu, pero nunca máis lonxe de sentirme ilustre, darlle as grazas, reitero, por ter a ben facer mención da miña persoa nesta nova enciclopedia bergantiñá.